Hydn no Boas Vives

Hydn no Boas Vives
22 de Agosto, 2025 - 10:06 h. | Publicada por Radio Tui

A mocidade, a creatividade e a cultura terán o seu espazo en Tui o sábado 6 de setembro grazas ao festival Boas Vibes. A iniciativa terá como pilar fundamental o respecto, a igualdade e a cohesión social. Dará comezo as 11 da maña na Alameda de Tui coa apertura dos postos do mercado creativo, no que todo aquel que o desexe poderá amosar os seus produtos, pezas de arte, artesanía, ilustración, moda, xoiería... O único requisito para inscribirse é ter entre 18 e 35 anos. Se estás interesado, debes inscribirte no formulario que atoparas na web municipal www.tui.gal ate as 23:59 do domingo 24 de agosto.

As 12 da maña, no mirador, contaremos coa presenza de Guillermo Carracedo, Isabel Garrido, Raúl Lomba e Fatisuki, nuns encontros que tratarán de achegar a experiencia profesional dos convidados a todos os asistentes. As 13:30 h comezará o DJ set de Sofi Peries, que nos amenizará o xantar que poderemos coller nos Food Trucks. Pola tarde, as 16:30 h, desfrutaremos os DJ sets de Samu Pexe e Sariinha, mentres Alba Troiteiro realiza unha pintura de gran formato en directo. Os concertos comezan as 18:30 h co grupo supernova. As 19:30 h, Vella Escola nos deleitará con un espectáculo de Breakdance e Beat Box. Para pechar, contaremos cos concertos de Hydn as 20:30 h e de Eris MackenZie as 22:30. 

Cultura

Publica o teu comentario agora