ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de As Pontes organiza o I Concurso de Monólogos “Vila das Pontes” para o mes de Xullo. A iniciativa, que servirá para apoiar o sector da hostalería local, desenvolverase en diferentes locais de restauración da vila. O dia 15 de xullo será a final na que partidipen os catro finalistas. 1000 € están en xogo.
O certame repartirá un total de 950 euros entre os catro primeiros clasificados a razón de 500 euros para o gañador absoluto, 250 para o segundo e 100 euros tanto para o terceiro coma para o cuarto, dándose a coñecer os premiados nunha final que xa ten data, o 15 de xullo, cita na que os catro seleccionados compartirán escenario cun monologuista profesional.
Os monologuistas interesados en participar deberán realizar un guión cómico, de tema libre, cunha duración de entre 5 e 20 minutos.
Organiza o Concello de As Pontes, a través do departamento de Promoción Industrial, RTV Eume, o Instituto Pontés de Promoción Económica (IPPEC) e a Cámara de Comercio.