ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ferrol inaugura a I Mostra Creativa do movemento asociativo na Casa da Muller. Iniciase así a conmemoración do Dia da Muller. Foron as propias mulleres as que seleccionaron as obras que configuran a mostra.
A edil Beatriz Sestayo, será a encargada de inaugurar ás 8 da tarde na Casa do Muller, a primeira mostra elaborada cos traballos máis creativos dos obradoiros impulsados ao abeiro do programa “Mulleres en relación”. Unha mostra feita por e para as mulleres e que permitirá poñer en valor os seus traballos. Poderáse visitar ata o dia 27 de marzo. A exposición componse de diferentes obras levadas a cabo nos últimos meses pola Asociación de Mulleres Rurais de Doniños e Asociación de Mulleres Rurais de Esmelle, a Asociación de Amas de Casa, a Asociación de Viúvas e máis a Asociación “Amistad” de Santa Mariña. Ferrol da así o pistoletazo de saída ao programa de actos con motivo da celebración, o vindeiro 8 de marzo, do Día Internacional da Muller. Unha data que a Administración local quere conmemorar dun xeito especial a través de charlas, mesas redondas e mesmo a entrega do primeiro Premio “Oito de Marzo” para o que se recibiron 31 propostas. Un galardón co que a Administración local quere destacar o importante papel da muller na sociedade e que será entregado no transcurso dunha gala que se celebrará o domingo, día 8, a partir das sete do serán no Teatro Jofre. Lucía Aldao será a encargada de conducir a gala na que actuará o grupo “Faltriqueira”.