ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Grupo de Xogo da Xefatura Territorial da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma informou hoxe da incautación de 20.097 cupóns que estaban sendo vendidos pola Organización Impulsora dos Discapacitados (O.I.D.) sen estar homologados e dedicados a un xogo non autorizado
A incautación realizouse o venres pasado como froito da investigación do xogo ilegal que o grupo policial está a desenvolver en Galicia e tivo lugar na oficina que a O.I.D. posúe na cidade herculina. O destino dos boletos era a súa venda na cidade e a súa distribución para as localidades de Santiago de Compostela, Ferrol, Melide e Abegondo. Os cupóns incautados teñen un valor total de 23.906 euros, sendo de distintos valores faciais: 11.689 cupóns dun euro (euroboleto), 7.538 boletos de 1,5 euros (euromillonario), 190 boletos de 3 euros (supereuromillonario) e 680 de 0,5 euros (El Busca).
Para todo o anteriormente citado levántase a oportuna acta de Incautación e tramítanse dilixencias remitidas ao xulgado en funcións de garda da Coruña.