Ideal para descansar

Ideal para descansar
23 de Xuño, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Descubrimos Os Cabos, en México, un destino turístico alternativo á zona do Caribe que nos presenta no espazo Bulebule Ana Rodríguez, da axencia de viaxes de Fene Zafiro Tours.

ESCOITA O PODCAST:

Os Cabos é unha península do Pacífico, situado no sur de California. Bordeado polo mar de Cortés é un destino para descansar na praia e facer deporte. “Montar en bici, en cabalo, en 4x4 polo deserto do cabo de San Lucas ou practicar mergullo, o parque nacional de Cabo Pulmo, un espazo protexido considerado un dos mellores arrecifes do mundo, pasear en barco…” Un destino paradisíaco para planear unha viaxe dunha semana. México ten sona de problemas de seguridade pero afectan á capital ou á fronteira cos Estados Unidos, non é o caso das zonas turísticas. “Miran moito polo turista, hai moito turista estadounidense e mexicano, nesta zona teñan casa actores como George Clooney ou Leonardo DiCaprio”. Durante todo o verán hai viaxes directos desde Madrid e trátase dun destino que non é caro. Son doce horas de voo e unha estancia en todo incluído custa a partir de 1.400 euros. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora