Ideas delirantes...

Ideas delirantes...
02 de Decembro, 2022 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Despois de coñecer nun xantar en Casa Pardo ao misterioso Vítor Ferreño, o policía Sánchez Pereiro comeza a traballar de xeito privado para Pedro Souto Varela. O comisario acolle a Pedro Souto na súa casa. Os problemas mentais do seu amigo da infancia están moi presentes e precisa a axuda da psiquiatra Helena Salcedo. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe Corral

“Ten ideas delirantes. Cre que o queren matar. Está claro que son ideas delirantes que se poden converter en alucinacións. Vas ter que armarte de paciencia con el. Pode sufrir unha crise en calquera momento”, explica Helena ao policía Pereiro, quen non ten tan claro que as ideas de Souto Varela sexan delirantes logo da conversa mantida con Vítor Ferreño. O comisario segue a investigar o asasinato de Agustín González Bódalo, quen estivera aloxado no hotel Meliá, propiedade de Pedro Souto Varela, antes de aparecer morto ao pé da Torre de Hércules. Acompañábao unha loura espectacular coa que Pereiro conseguiu quedar nos capítulos 6, 7, 8, 9 e 10 de Lobos Doentes que Radio Fene emitirá este venres a partires das 12,00 horas. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

Fotografía Xan Xe

Na imaxe, Antonio Tizón, autor da novela Lobos Doentes, e intérprete de Gustavo Gallego.

Cultura

Publica o teu comentario agora