As ideas moi claras sobre a vida e a morte

As ideas moi claras sobre a vida e a morte
26 de Setembro, 2021 - 09:14 h. | Publicada por Radio Fene

Ramón Rodríguez fai no podcast Os Incurábeis, o papel de Pepe, o propietario do Madrid, quizais a cafetería máis elegante dos Castros. Pequeno pero matón, Pepe ofrece sempre un aspecto sereno, ten as ideas moi claras sobre a vida e a morte  e pensa que calquera dos seus clientes pode ser o asasino de Paloma. De quen sospeita Pepe, en realidade? Ten el algún motivo para matar a Paloma?

Ramón Rodríguez no papel de Pepe o do Madrid

Os incurábeis é un podcast de 86 capítulos de 12 minutos de duración cada un elaborado a partir da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Baixo a dirección de Eugenia Sanmartín, participaron na súa realización durante os meses de xullo e agosto máis de 50 persoas, profesionais, técnicos e creativos. Antón Ramos encargouse de compoñer a banda sonora. Tamén houbo as colaboracións especiais de Isabel Bravo, Cándido Barral, Leo Toral e outras autoridades nas súas materias respectivas, como o psiquiatra Díaz Del Valle ou o músico Miro Casabella, sen esquecer as colaboracións decisivas de entidades como o Circulo Mercantil e Industrial Unidade de Fene e da Deputación da Coruña. O podcast, producido por Son Radiofusión, será emitido por Radio Fene Radiofusión a partir do luns, 27 de setembro, todos os días ás 9 da mañá e ás 9 da noite.  As novelas de Tizón son as únicas da literatura galega adaptadas polo momento ao formato podcast, un feito inédito que pode permitir a captación de novos públicos para o mundo da lectura. 

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Cultura

Publica o teu comentario agora