Identidade galega e xestión municipal

Identidade galega e xestión municipal
09 de Xullo, 2026 - 07:47 h. | Publicada por Radio Fene

Reivindicación da identidade galega, avances do PXOM, convenio con Adif, novas lápidas para o cemiterio e o pago de facturas son algúns dos asuntos tratados esta semana polo voceiro do BNG e primeiro tenente de alcaldesa do Concello de Fene, Manuel Polo, no espazo As Foxas.

ESCOITA O PODCAST:

“Moi importante que cada pobo dignifique a súa identidade, máis vendo como vai o mundo, dende Fene facemos esta aportación”. Comentou así a programación do ciclo Xullo, Mes da Patria. No acto institucional previsto para as oito da tarde, Paco Oti dará lectura á Declaración Institucional polo Día da Patria.

Convenio laborioso

Explicou tamén Manuel Polo os traballos que pasou o Concello ata lograr a sinatura do convenio con Adif para resolver o paso sobre a vía do tren en Perlío.

Tres expertos

Sobre o PXOM anunciou que xa se constituíu o comité de expertos que valorará o proxecto técnico. 

Lápidas

Outra destacada novidade é o comezo do procedemento para dotar das lápidas aos novos nichos do cemiterio municipal. Este é un asunto moi importante para as persoas que teñen alí os restos de seres queridos, lembrou Manuel Polo. A licitación das lápidas é por un presuposto de 130.000 euros. 

Facturas

Non hai facturas duplicadas que pagara o Concello de Fene. O que sucede é que ás veces as empresas eléctricas pasan facturas cunha lectura estimada que deben corrixir posteriormente, aclarou o primeiro tenente de alcaldesa que defendeu, ademais, a profesionalidade e o rigor co que traballan os empregados municipais. 

Institucional

Publica o teu comentario agora