A igrexa contra a veciñanza de Santiso

A igrexa contra a veciñanza de Santiso

24 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

As augas do encoro de Portodemouros van revoltas ao seu paso por Santiso (A Coruña). O bispado de Lugo denunciou a todos os veciños da parróquia de Ribadulla. Pleitean pola propiedade do campo da festa. Pero os enfrontamentos da Igrexa coa veciñanza da zona, remóntanse a máis de 100 anos atrás. Daquela un cura foi detido e procesado pola colocación de dinamita na casa do escribano.

Os habitantes de Ribadulla no Concello de Santiso esgrimen documentación catastral ao seu nome e unha escritura pública onde se recolle a venda do campo da festa á asociación veciñal. Pola contra o obispado de Lugo aporta unha escritura do ano 1967, cando a parroquia de Ribadulla quedou parcialmente inundada polo encoro de Portodemouros. O vindeiro 27 de abril o xuzgado de Arzúa verá un acto de conciliación a raiz da denuncia interposta polo bispado de Lugo contra os 59 veciños do lugar que se opuxeron á venda que a igrexa quería realizar dos terreos anexos á casa reitoral. O vindeiro 3 de abril, a veciñanza do lugar instalará no campo da festa unha carpa para celebrar unha reunión gastronómica. A presenza da igrexa en Santiso semella que desde moi lonxe está relacionada con certa violencia.

Segundo o historiador José Antonio Durán, en febreiro de 1908 a dinamita destruiu parte da casa do escribano de Santiso. O cura párroco de Arzúa Andrés Vaamonde foi detido e procesado por ese feito.

 

O Concello de Santiso conta con 2035 habitantes repartidos en 17 parroquias. Limita ao Norde con Melide e ao oeste con Arzúa (A Coruña), ao este con Palas de Rei (Lugo) e ao sul con Agolada e Vila de Cruces (Pontevedra).

Sociedade