ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A música de Habanera chega a Fene. A Asociación de veciños de Limodre xunto co concello e Radiofusión organiza o certame de "Habanera 2009". A cita terá lugar na igrexa parroquial o venres 16 de outubro ás oito e cuarto da noite.
"Habanera 2009" acolle este ano a actuación da rondalla "Os trobadores" de Ares ea rondalla "estrelecida" do CMI Unidade de Fene. Ao remate do acto haberá pinchos para os asistentes.
A entidade de Limodre tamén abre o prazo de Escolas de manualidades, bolillos, e aerobic. O prazo para inscribirse remata esta xornada. Os interesados poderán anotarse no local social esta tarde de seis a sete. As actividades principian o vindeiro martes 6 de outubro.