ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A igrexa e convento de Santo Domingo comezan a construírse arredor do 1330 , na Alameda na que se sitúa. Xuntas compoñen unha das estampas máis pintorescas de Tui.

En 1272, a orde dos dominicos chega a Tui. Nun comezo situáronse ao carón das murallas, pero o crecemento da orde dos dominicos obrigou a buscar un novo lugar con máis espazo onde instalarse. Foi entón cando, en 1330 e financiado por doazóns dos fieis, comeza a construírse o convento de Santo Domingo. En 1534, o bispo Pedro Sarmiento consagra a igrexa. Falamos dunha obra gótica, aínda que polas numerosas reformas amosa distintos estilos arquitectónicos. Xusto detrás da igrexa de Santo Domingo atopamos a alameda de Tui.
A alameda é un espazo verde perfecto para descansar e pasar un rato no miradoiro, con vistas ao río Miño e á cidade veciña, Valença. A igrexa de Santo Domingo destaca tamén por acoller iniciativas como as proxeccións no festival “Play-Doc”. Durante o evento, películas como Nosferatu ou O exorcista proxéctanse nesta igrexa, creando unha experiencia inesquecible para todo espectador que acuda.
Publica o teu comentario agora