Iguais en feminino

Iguais en feminino

01 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O festival de Mulleres Arte + Parte, prepara a súa terceira edición. O sábado 12 de marzo no recinto de ExpoCoruña, actuarán nun festival, Ojos de Brujo, Duplo Son e Chotokoeu. Ademais do concerto, un completo programa de actividades comezará xa este venres no centro comercial Os Rosales.

Chotokoeu é unha formación de músicos de rúa que practica a “percufusión”. Duplo Son é un proxecto galego onde se mesturan a música latina, o jazz, o funk e a tradición da cultura popular galega. Ojos de Brujo é unha banda de Barcelona que fusiona reggae, hip hop, rock e música electrónica. Visitan A Coruña na súa última xira.

As actividades de Mulleres Arte + parte comezarán o venres día 4 no centro comercial Os Rosales, cunha actuación de acrobacia de chan e un obradoiro de circo. Repetiráse a actividade a semana seguinte en Expocoruña. O sábado 12 de marzo ás 19,15 faráse unha mesa redonda coas artistas que participan na mostra En Femenino. Son Rebeca Ponte, Belén Cossío, Mónica Pan, Lara Pintos, Noelia Buján e Yolanda Dorda. As 20,30 faráse público o fallo do xurado do concurso Iguais de publicidade antisexista, dotado cun premio de 5.000 euros. A partir das 21 horas comezará o concerto de música en Expocoruña. Organiza as actividades a concellería de Igualdade da Coruña.

Cultura