ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Os que gusten da preparación dunha boa carne ao caldeiro teñen unha cita no calendario de marzo coa II edición das Xornadas da Carne ao Caldeiro de Xertigan, que organiza o Concello de Xermade coa colaboración do Consello de Anciáns da parroquia de Xestoso-Cambás. O evento terá lugar durante a festividade de San Xosé, o vindeiro 19 de marzo.
A gastronomía non será o único protagonista da xornada, xa que desde o municipio chairego se buscou conxugar o bo dente coa diversión para pequenos e maiores. O día comezará ás doce da mañá coa benvida dos tradicionais pasarúas a cargo do grupo “Axóuxere” de Xermade. Ás 12.15 será a hora sinalada para que comece a andaina dunha nova asociación. As motocicletas son o nexo común dos membros do Club Moteiro Fogueteiros, que terán neste día do pai o seu bautismo e a primeira etapa das moitas que han de recorrer. As campás da capela de Momán tocarán a misa solemne, a cargo do párroco Luis Rodríguez Patiño, para que acudan os fieis a cumprir coas súas obrigas como católicos ás 12.30. Unha vez rematado o acto litúrxico, o grupo “Axóuxere” volverá a tomar a testemuña para amenizar a festa ata o seu punto forte, que será o pregón. Cando o reloxo marque as 12.45 horas será o tempo para que un ilustre chairego como o presidente do Consello da Cultura Galega, D. Ramón Villares, faga honra á súa fama e se dirixa á audiencia para amosar as súas dotes de pregoeiro. O xantar, que comezará de seguido, será o momento para poder degustar o manxar que se honra en Xermade.
Xa pola tarde será a quenda dos cativos. Desde as 16.30 ata as 17.30 horas os pequenos poderán desfrutar dos xogos populares. A partires desa hora chegará a música do grupo Venus para os que queiran amosar as súas virtudes como bailaríns. Os que desexen facelo como cantantes terán a súa oportunidade no “Concurso de Canción de novas voces”, no que se hai que apuntar previamente na Casa do Concello. Ao seu remate, contra as 19.45, volverá a verbena ao campo da feira ata que as pernas non aguanten mais e chegue o fin de festa.