ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Alejandra Permui Meizoso, veciña de San Valentín, do Bloque Nacionalista Galego resultou elixida alcaldesa de Fene. É a primeira vez na historia na que unha muller accede a este cargo. “Síntome moi orgullosa, con ilusión, alegría e emoción” indicou Permui. Recibiu os votos dos sete concelleiros do BNG e 1 de Esquerda Unida. Os tres concelleiros do PSdeG PSOE votaron polo seu candidato Joaquin Ayala. Os seis ediles do Partido Popular optaron polo seu concelleiro Gumersindo Galego. Resultou designada Alejandra Permui como candidata da lista máis votada nas pasadas eleccións municipais.
Respaldaron a alcaldesa coa súa presencia no salón de plenos a portavoz do BNG Ana Pontón e os ex-alcaldes Xose María Rivera Arnoso e Juventino Trigo. A votación realizouse a man alzada.
“Prometo por imperativo legal e comprometerme a defender os intereses da veciñanza de Fene e do pobo galego” foi a fórmula escollida pola nova alcaldesa. Moitos aplausos do público que ateigaba o salón refrendaron a elección. “Grazas aos grupos municipais que me trasladaron o seu compromiso polo futuro de Fene, a Pepe e a Tino, ao BNG e a toda a veciñanza” indicou Permui.
“Sentimos a emoción porque se pon ao fronte do Concello unha muller moi preparada, é un momento moi ilusionante” indicou Ana Pontón: “E moi importante romper os teitos de cristal, cando unha muller da un paso así, dámolo todos e nos axuda a todos a avanzar” sinalou a portavoz do Bloque. O ex-alcalde Juventino Trigo salientou que “estou moi emocionado e moi contento, porque imos ter unha gran alcaldesa”. “Fene vese desde fora do Concello cada dia máis bonito” afirmou con ironia Trigo.
A nova alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, naceu en 1974 e é educadora infantil de profesión. Ten unha longa traxectoria vinculada ao compromiso social e institucional, e forma parte da corporación municipal desde o ano 2015, exercendo diversas responsabilidades de goberno ao longo destes anos. Ata a súa elección como alcaldesa, era primeira tenente de alcalde e concelleira de servizos, persoal, igualdade, benestar social e seguridade.
Pola súa banda, a nova concelleira que tomou posesión esta tarde en sustitución de Juventino Trigo, Alba García Fariña naceu en Fene en 1991. É terapeuta ocupacional e desenvolve a súa actividade profesional en Teima Down Ferrol, centrando o seu traballo no ámbito das persoas con discapacidade. Durante a súa etapa universitaria estivo vinculada aos Comités e á organización estudantil Erguer, e desde 2019 forma parte da Xunta Directiva do CPS San Valentín.
Publica o teu comentario agora