Ilusión e inocencia, principais valores da xuventude, segundo Pablo García

Ilusión e inocencia, principais valores da xuventude, segundo Pablo García

11 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A ilusión e a inocencia son os principais valores da xuventude, para Pablo Garcia Martinez, xornalista, que ven de gañar o Premio Biblos de novela para menores de 25 anos. "Podes levar hostias, andar triste pero sempre hai algo que che empuxa a facer cousas" afirma o escritor novel quen se queixa do "viciada que está a sociedade actual".

Diante desa situación, a xuventude é permeable e maleable, sofre inseguridade e inestabilidade emocional, salienta o xove arzuán. Diso fala a novela "Relato dun estalido xordo", título provisional dunha obra que terá que rematar no mes de outubro asesorado por Manuel Rivas.

Segundo Pablo García, a súa novela trata de ilustrar os lugares de inseguridade da adolescencia, os comportamentos dificiles de apreciar desde fora, cando un se agarra a preconceitos que axiña se esquecen. García Martínez suliña que "a vida é unha contínua aprendizaxe e por iso é excepcional poder partillar durante un mes con Manuel Rivas, e con él aprender a criar, a afrontar a criación literaria".

Sociedade