Ilusionistas por un día

Ilusionistas por un día

19 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Covertir a calquera neno en mago por un día. É o que propón o espectáculo do ilusionista Mago Gusi que percorre Galicia de Norde a Sul. “Operación Truco” presenta aos rapaces e rapazas, un espectáculo de “maxia do revés” no que eles mesmos poden facer trucos de cartas, adivinación, mentalismo ou escapismo entre algunha das moitas propostas.

“Operación Truco” é un espectáculo moi participativo no que o público deixa de ser mero espectador para convertirse en parte activa do mesmo. Dirixido fundamentalmente á xente nova a montaxe do Mago Gusi presenta accesorios moi máxicos, todos eles construidos por él mesmo e de xeito artesanal, que de seguro encandilarán a tódolos nenos. Ilusións clásicas e de produción propia, todo elo adobiado cun sentido do humor válido tanto para cativos como para adultos.

O Mago Gusi, e un dos membro fundadores do Círculo Máxico Auriense. De formación cáseque autodidacta, comenzou a montar os seus espectáculos e a levalos por toda Galicia hai cinco anos.
Logo de éxitos como "O mago sen sombreiro", "Operación Truco" e "Nadanamanga" na actualidade está a presentar a súa cuarta montaxe chamada “Spiral” que incorpora aos aparellos de maxia unha montaxe audiovisual. Luces que aparecen no ar e cambian inexplicablemente de lugar, caixas valeiras das que non deixan de aparecer obxectos e panos que cambian de cor e se esvaecen no ar. Para os maiores inclúe unha parte de maxia de perto e cartomaxia realizada coa máis enxeñosa tecnoloxía de vídeo, de xeito que non se perda detalle do que sucede en escena.

Cultura