Ilusionistas por un día

Ilusionistas por un día

09 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Covertir a calquera neno en mago por un día. Será o que suceda o vindeiro venres, ás sete e media da tarde, no Círculo Mercantil de Fene da man do espectáculo do ilusionista Mago Gusi que chega a este concello dentro da programación das festas de Nadal. “Operación Truco” presentará aos rapaces un espectáculo de “maxia do revés” no que eles mesmos poderán facer trucos de cartas, adivinación, mentali

“Operación Truco” é un espectáculo moi participativo no que o público deixa de ser mero espectador para convertirse en parte activa do mesmo. Dirixido fundamentalmente á xente nova a montaxe que o Mago Gusi traerá a Fene presentará accesorios moi máxicos, todos eles construidos por él mesmo e de xeito artesanal, que de seguro encandilarán a tódolos nenos.
Ilusións clásicas e de produción propia, todo elo adobiado cun sentido do humor válido tanto para cativos como para adultos.

O Mago Gusi, e un dos membro fundadores do Círculo Máxico Auriense. De formación cáseque autodidacta, comenzou a montar os seus espectáculos e a levalos por toda Galicia hai cinco anos.
Logo de éxitos como "O mago sen sombreiro", "Operación Truco" e "Nadanamanga" na actualidade está a presentar a súa cuarta montaxe chamada “Spiral” que incorpora aos aparellos de maxia unha montaxe audiovisual. Luces que aparecen no ar e cambian inexplicablemente de lugar, caixas valeiras das que non deixan de aparecer obxectos e panos que cambian de cor e se esvaecen no ar. Para os maiores inclúe unha parte de maxia de perto e cartomaxia realizada coa máis enxeñosa tecnoloxía de vídeo, de xeito que non se perda detalle do que sucede en escena.

Cultura