Ilustracións que espertan emocións

Ilustracións que espertan emocións
24 de Agosto, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Fotografías de Tamara de la Fuente, Pablo Rivas Caride, Lucía García Rey, Susana Estévez, Javier Fernández Pérez de Lis, Paula Gómez del Valle, Marta Moreiras, Ángel Tourón, Iván Nespereira e Hugo Aldatz Alonso inspiran Zoom, o novo libro de Ramón D.Veiga que o autor fenés presentará este xoves no clube de lectura de Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

 

Fotografía: Xan Xe Corral

“Parecíame unha cousa orixinal e que podía quedar simpática. Sorprendeume moito a reacción dos fotógrafos cando viron os textos, sobre todo a de Paula Gómez que chorou. Eles non quixeron ler o texto ata que saíu publicado”, comenta Ramón D.Veiga. “As fotos son todas completamente distintas e escribín o que se me ocorreu. Todos teñen o humor en común pero son totalmente independentes. Tampouco foron escritos seguidos senón que houbo semanas e meses de diferencia entre uns e outros”. Para o autor de Zoom, editado por Xerais, resulta complicado quedarse cun só relato aínda que confesa que “a min gústame máis o último, que é pouco máis dunha páxina, pola brevidade”.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora