ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Dar a coñecer os nosos produtos ou facer partícipe á xente das nosas iniciativas e actividades é unha tarefa que require imaxinación e creatividade. Se escoitamos ao neno ou nena que levamos dentro sairán ideas que nós mesmos podemos gravar e subir á rede en formato podcast. Aquí podes escoitar catro exemplos que fan referencia a unha campaña sobre a igualdade de xénero, a un clube de lectura radiofónico, a un hotel literario en Galicia e á promoción turística da comarca de Fisterra.
A locución, os efectos sonoros, a música e, por suposto, a mensaxe son os elementos principais das cuñas publicitarias. Podemos promocionar un establecemento comercial, un lugar ou un evento concreto. Utilizando como premisa a orixinalidade, botaremos man dun ordenador, un micrófono, auriculares e un software de edición de audio como pode ser Audacity. Unha vez gravada e editada, só falta subila á Ivoox, a plataforma gratuita de difusión de podcast e programas audio. Seguramente nos sorprenderá o resultado.
Na imaxe, alumnado do colexio de Moeche gravando cuñas publicitarias.
Fotografía: Xan Xe.
Publica o teu comentario agora