ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O colexio Jorge Juan de Perlío vai crear roteiros seguros para que o alumnado acuda a pe ao colexio e de forma segura cada mañá. Traballan no seu deseño que pensan poñer en práctica coincidindo co inicio do curso que ven.
“Agora imos andando ao cole” é unha iniciativa da asociación Stop Accidentes. Aplicando esa idea, o Colexio Jorge Juan de Perlio, coa colaboración do Concello de Fene, quere crear roteiros seguros para ir á escola a pé. A intención é poñelos en práctica en setembro pero xa están a traballar no deseño dos percorridos máis transitados. Escollerán dous roteiros cos menores cruces de vias posibeis. Estudaráse a necesidade de pintar máis pasos de peóns ou de aproveitar os semáforos. O obxectivo é lograr maior autonomía da rapazada, segundo afirma o director do centro, Angel del Río.
O Jorge Juan traballa paralelamente noutros proxectos como o denominado “Correspondentes” un plan da Xunta de Galicia para fomentar o voluntariado. Tamén destaca o programa “Nativos en língua inglesa” que supuxo a presencia de dous profesores para primaria e secundaria, procedentes de paises de fala anglófona. Instalacións como a biblioteca ou o comedor póñense ao dia tamén no centro de Perlío. A primeira, coas novas tecnoloxías e o segundo co aumento da súa capacidade. Xa ten neste momento 50 comensais. Unha nova caldeira levouse boa parte do presuposto deste ano.
Publica o teu comentario agora