Imos coller niños novos

Imos coller niños novos
25 de Xuño, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O 22 de maio de 1912 naceu no Cordón, de Santa Locaia (Castro de Rei) Francisco Vega Ceide, Francisco de Fientosa, considerado polos devotos da súa obra como “O Lorca galego”. Morreu de

xeito alevoso no Madrid de 1936, con vinte e catro anos de idade, cando xa era autor dunha obra narrativa e poética, especialmente en castelán, que o elevou a categoría dos grandes da escrita.

Imos coller niños novos

O profesor e escritor Ricardo Polín en “A primeira luzada” recompila a obra de Francisco de Fientosa, pechando a recolleita da súa poesía cos “Versos galegos”, que chamaron a atención do tamén profesor e escritor, nado na Ponte Outeiro de Castro de Rei, Xosé Otero Canto, que foi facendo análise literario e lingüístico de cada un destes poemas, e publicándoos na plataforma en internet www.galiciadigital.com. 

Diante deste estudo, o Colectivo Egeria decidiu publicar o libro “IMOS COLLER NIÑOS NOVOS...” con motivo dos 110 anos do nacemento de Francisco de Fientosa, que se cumpriron o 22 de maio pasado, e preto dos 86 anos do pasamento do escritor. Na publicación, ademais do estudo do profesor Otero Canto, inclúese o limiar “Versos e ausencia: Cartografía literaria do Lorca Galego”, de Ricardo Polín, máximo entendido sobre a vida e obra do escritor; un traballo de Otero Canto sobre “Francisco de Fientosa e Crecente Vega, unidos pola Ponte de Outeiro”, e a versión en castelán, catalán, vasco e portugués, que proporcionan unha dimensión inédita para a poesía en galego do escritor da Ponte de Outeiro.

Cultura

Publica o teu comentario agora