Imos mallar

Imos mallar
11 de Setembro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

 A Asociación Etnográfica e da Natureza AETNA organiza unha recreación da malla. Este sábado as seis da tarde no campo da festa de Maniños en Fene. Andará facendo foliada o grupo Preganza do Pote. Ao rematar a malla, cea con mexillóns en salsa, callos, bola e queixo. Hai que apuntarse previamente. A xornada de limpeza de rios terá lugar este ano o domingo 21 de setembro. 

Fotografia Xan Xe

Un ano máis, xa desde o principio de todo, AETNA colabora con ADEGA no Proxecto Rios. Levan moitas edicións limpando o entorno do rio Ba e tamén a ribeira de Maniños. Manifestábao así en 2023 a directiva de AETNA María José García.  o Concello de Fene aporta o material para que a xente voluntaria saia a traballar. 

 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora