Imperios do crime

Imperios do crime
16 de Decembro, 2022 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

“Como se montan todos os imperios. A partir do crime, da corrupción e do poder”, coméntalle o policía Pereiro a Blasco nos capítulos de Lobos Doentes que Radio Fene emitirá este venres a partires das 12,00 horas.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe Corral

Sánchez Pereiro viaxa a Vigo para comer con Blasco e coñecer os segredos de Vítor Ferreño. O comisario visita o Pazo do Vicerreinado, propiedade de Ferreño, e queda impresionado. O anfitrión quere aumentar o seu imperio e para iso precisa falar con Pedro Souto Varela que segue agochado na casa de Pereiro. Os capítulos capítulos 16, 17, 18, 19 e 20 de Lobos Doentes desvelan as dificultades de acordo entre Ferreño e Souto Varela. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora