ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares de Ordes acolleu onte a celebración dunha Xornada Informativa sobre os Certificados de Profesionalidade, organizada polo Concello en colaboración coa empresa Recursos. Con esta iniciativa pretendeuse concienciar e sensibilizar á poboación da importancia da cualificación profesional, do recoñecemento da experiencia laboral e do que esto supón no aumento da empregabilidade do indiv
Coas xornadas quérese difundir os cambios que se están a producir no sistema de formación ocupacional e que afectan a un número moi elevado de traballadores e traballadoras de Galicia.
A xornada, dividida en dúas partes, informou sobre os Certificados de Profesionalidade e o recoñecemento das competencias profesionais a través da experiencia laboral. Na primeira parte explicouse qué é un certificado de profesionalidade e cómo se pode obter, e foi impartida por Montse Franqueiro, técnico de formación de Recursos Galicia. Na segunda parte falouse do procedemento para acreditar a experiencia laboral e a súa convocatoria en Galicia para os certificados de sociosanitaria. Esta parte foi impartida por Sandra Ordoñez, técnico de formación de Recursos Galicia.
Desta maneira dende o Concello de Ordes quíxose informar aos veciños e veciñas sobre todas as posibilidades coas que contan co fin de encontrar un emprego.