ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A dor constante afecta ao comportamento animal. A veterinaria etóloga Noemí Graña, falou en Radio Fene dos temas que trataron no Congreso da Asociación de Veterinarios de Pequenos Animais (AVEPA) ao que asistiu en Bilbao, do uso da Intelixencia Artificial na saúde dos animais e das alerxias.

“En case todos os animais cando hai dor aparece medo”, explica Noemí. Destaca a importancia da diagnose, “saber o que lle pasa e por que fai as cousas”. A especialista contounos o caso dunha cadela que trata que desde hai pouco tempo ten problemas de agresividade cara persoas descoñecidas. Mandou que lle fixeran unha radiografía e descubriron que ten unha malformación de cadeira. No Congreso de Bilbao tamén falaron do uso da Intelixencia Artificial. Un grupo de científicos está desenrolando un dispositivo que permite monitorizar a distancia as frecuencias cardíaca e respiratoria e mesmo facer electros sen ter que manipular aos animais. “Incrible, é impresionante para o benestar dos animais”, opina Noemí Graña.
Publica o teu comentario agora