ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Modificación da ordenanza da plusvalía, con bonificacións para as herdanzas, e a peticion de axuda do IES de Fene para reclamarlle investimentos á Xunta son dous dos temas do Pleno que celebra a Corporación municipal este xoves, que comentou en Radio Fene o voceiro do PSOE, Joaquín Ayala.
Joaquín Ayala destaca a contribución do grupo socialista á introdución de novas bonificacións na plusvalía. Calcula que o 99% dos propietarios de vivendas en Fene poderán beneficiarse da nova bonificación para as herdanzas. Será do 95% no caso da primeira vivenda que se deixe aos herdeiros ata chegar a 65.000 euros do valor do solo.
Criticou o voceiro socialista a proposta de prorrogar por seis meses o contrato do SAF a unha empresa que “vai ser sancionada por non cumprir o prego de condicións técnicas”. “Non houbo implicación suficiente”, opina Ayala que xunto co resto de voceiros dos grupos políticos foi convidado a comprobar in situ a situación do IES de Fene, que necesita reparacións e máis persoal administrativo. A petición da dirección do centro educativo, a Corporación votará unha proposta para solicitar á Xunta os investimentos necesarios.
Publica o teu comentario agora