ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Fomento do emprego en Fene. A concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ángeles Coira, explicou en Radio Fene dúas iniciativas municipais destinadas a persoas que están no desemprego.

No mes de xuño van comezar novos cursos do programa Reinicia no que colaboran os concellos de Fene, Ares e Neda. Nesta duodécima edición ofrecerase a oportunidade de formarse en profesións con moitas saídas laborais, en carpintería e atención a persoas dependentes en institucións sociais. Formaranse cobrando un salario, como explicou a concelleira de Promoción Económica e Emprego. O alumnado-traballador será contratado na modalidade de contrato para a formación e a alternancia, polo que percibirá unha retribución equivalente ao salario mínimo interprofesional. Cando rematen a súa formación, a vintena de persoas participantes recibirán un Certificado de Profesionalidade.
Ademais, o Concello de Fene incorporará tres traballadores no mes de xullo para a realización de obras e servizos municipais. Contratará durante seis meses a tres peóns/oas de obras públicas dentro do Programa de Emprego Local da Deputación da Coruña. Tamén neste caso, para optar aos postos é imprescindible estar inscrito no Servizo Público de Emprego e teñen prioridade persoas con dificultades de integración laboral.
Comentarios
Me parece una gran
Publica o teu comentario agora