Inauguración das obras de acondicionamento do lugar de Moimenta

Inauguración das obras de acondicionamento do lugar de Moimenta

22 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Concello de Boiro e os veciños inaugurarán o vindeiro xoves día 24 de xuño, San Xoán, as obras de acondicionamento realizadas no lugar de Moimenta, na parroquia de San Xoán de Macenda. O acto, presidido polo Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, comezará ás 21.00 horas, e está convidada a corporación municipal e os veciños que desexen asistir. A obra, denominada “Acondicionamento e mellora dun tramo de cami&n

Moimenta ten una estrutura eminentemente rural, tanto no social como no territorial. Con herdanzas do mundo agrogandeiro de mediados do século XX e que se van mudando coa transformación económica do país, alá polo 1990, aínda que no desenrolo urbanístico foron introducidos elementos foráneos e que distorsionaron a tipoloxía do lugar; polos usos e polo solo lindante está perfectamente enmarcado dentro dos parámetros de núcleo rural.

Esta aldea encaixa perfectamente nese concepto de núcleos a resgardar da especulación urbanística con instrumentos de planificación e recuperación edificativa e socioeconómica.

Coma tódolos núcleos, sufriu unha transformación e engadidos novos, aparecidos a partires do cemento e que contribuíron, en ocasións, a reducir o tradicional, dando paso a formas e estruturas de material moderno, ás veces sen  gusto e que agriden as formas tradicionais.

O goberno de Boiro entende que Moimenta ofrece un núcleo antigo que debe ser recuperado para devolverlle a identidade do tradicional. Todo, no seu conxunto, debe ser obxecto dunha atención importante: os muros, así como formas, volumes e por suposto os rueiros tradicionais, que nesta aldea seguen a amosar o tradicional.

Por iso as actuacións levadas a cabo polo goberno neste núcleo, pretenden ser unha avanzadilla para outras actuacións noutros núcleos. Primeiro foi a recuperación da praza e do Centro Social, sempre en colaboración cos veciños, que achegaron o seu aporte económico, e agora o proxecto referido, “ Acondicionamento e mellora dun tramo do camiño veciñal no núcleo rural de Moimenta en san Xoán de Macenda”

Sociedade