Inaugurada a segunda fase das rutas cicloturísticas de Boiro, pioneira na comarca da Barbanza

Inaugurada a segunda fase das rutas cicloturísticas de Boiro, pioneira na comarca da Barbanza

17 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Arrincou a 2ª fase das rutas cicloturísticas do Concello de Boiro. No acto inaugural estiveron o Alcalde, Xosé Deira e a concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó. A saída estivo organizada por Daniel Ríos, que xuntou a un grupo de 50 afeccionados. Elixiron para a inauguración probar a Ruta Circular. Esta ruta é unha das cinco que forman a rede de itinerarios cicloturísticos do Concello de Boiro. Esta ruta é circular, con in

A Rede de Rutas Cicloturísticas é pioneira na península do Barbanza, xa que non existen redes deste tipo nesta zona do territorio galego. A rede de itinerarios foi executada pola empresa Aresta Ingeniería e financiada totalmente pola Deputación Provincial da Coruña. A Rede de Rutas Cicloturísticas de Boiro é un conxunto de redes cicloturísticas deseñadas segundo os criterios da Internacional Mountain Bike Association (IMBA) para ser percorridos en bicicleta de montaña co obxectivo de dar a coñecer as riquezas patrimoniais e paisaxísticas do Concello de Boiro en todas as súas parroquias, á vez que se practica deporte. Tamén poden ser percorridas a pé ou a cabalo. Coa devandita finalidade propónse un sistema de sinalización estandarizado para conseguir ordenar o cicloturismo mediante a citada rede de  camiños, que debidamente sinalizada, aúne os principios de seguridade, conservación e respecto da natureza polos usuarios da bicicleta de montaña e para todos os cidadáns que queiran achegarse a gozar dela. 

En conxunto, a Rede de Rutas Cicloturísticas conta con máis de 100 qm. balizados, case 3.000 metros de ascenso acumulado e unhas pendentes máximas do 30%, asegurando unhas 10 horas de cicloturismo e opcións de nivel e paisaxes para todos os gustos e demandas.

Percorrendo a rede na súa totalidade pódense coñecer 43 elementos patrimoniais de especial interese, tanto de carácter relixioso (igrexas, capelas, cruceiros, petos de ánima), arquitectura (pazos, casas rectorais, pontes), elementos etnográficos (lavadoiros e fontes) e innomeables paisaxes, miradoiros e recunchos pintorescos.

Deportes