ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un incendio nunha vivenda da estrada da Palma rexistrouse a pasada noite. Non houbo danos persoais dado que non habia ninguén na casa. O lume desatouse no lugar das Chancas, entre Perlío e Barallobre. Unha muller que pasaba pola estrada veu fume sair dunha fiestra e alertou aos veciños e a usuarios da estrada que avisaron ao 112 arredor das nove da noite. Ata o lugar se desprazaron os bombeiros do GES de Mugardos e a Policia local de Fene.

O lume foi provocado por un curtocircuito nun aparello eléctrico. Afectou a un cuarto pero provocou abundante fume.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora