Inchabeis e cores

Inchabeis e cores
20 de Agosto, 2021 - 12:14 h. | Publicada por Radio Fene

O inchable máis grande de Galicia instalarase mañá sábado na Praza Ramón Souto de Fene. Será unha das actividades da Festa da cór que nesa xornada vive o comercio da localidade, segundo adiantou a concelleira de Promoción Económica Ana Basoa. 

ESCOITA O PODCAST:
Ana Basoa, concelleira de Promoción Económica de Fene

O sábado 21 de agosto Fene festexará a Festa da Cor, onde a música, a animación e os sorteos engalanará as rúas do concello. Moitos negocios teñen preparadas promocións e ofertas pero, ademais, por cada compra superior a 10 euros selaranche unha tarxeta e, se es quen de acreditar tres adquisicións, entrarás no sorteo de 15 vales de 100 euros cada un para gastar no comercio fenés. Ademais, poderemos gozar de música e animación en directo, consulta as ubicacións e reserva a túa praza.

Institucional

Publica o teu comentario agora