Inconexo e triste, pero non baixou os brazos

Inconexo e triste, pero non baixou os brazos
23 de Setembro, 2024 - 12:50 h. | Publicada por Radio Fene

Inconexo e triste, o Maniños B aínda é un equipo en construción, pero en ningún momento baixou os brazos. O adestrador Álvaro Dopico “Chiqui” agradece o esforzo do porteiro Joel Iglesias, quen subiu de categoría para colaborar co conxunto. “Estamos aínda en fase de aprendizaxe porque case non tivemos pretempada” salienta o técnico.  Maniños B 0 - 5 Perlío B

ESCOITA O PODCAST:

Fala o adestrador do Maniños B Álvaro Dopico "Chiqui":
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/230924DOPICO.mp3
O míster do Perlío B Gonzalo Beceiro destaca que o Maniños non baixou os brazos:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/230924LOPEZ.mp3
 

Fotografia Xan Xe

“Atopamos a sorte de adiantarnos moi cedo no marcador, co primeiro gol de Gael”, apunta o adestrador do Perlío B, Gonzalo Beceiro. Gael marcou tres dos cinco goles do Perlío B. Parada e Abelleira foron os autores dos outros tantos. Malia a goleada, Beceiro recoñece o mérito do rival. “Non baixaron os brazos”, sinala o técnico.

 

Fotografía Xan Xe

 

Deportes

Publica o teu comentario agora