A incontinencia urinaria

A incontinencia urinaria
13 de Febreiro, 2025 - 01:27 h. | Publicada por Radio Fene

Sobre incontinencia urinaria falaráse o mércores da vindeira semana en San Valentín. O vindeiro 19 de febreiro, ás 20.30h, o CPS de San Valentín acollerá a xornada “Ostomía e Continencia”, unha actividade organizada pola Asociación de Técnicos de Farmacia de Ferrolterra e dirixida a profesionais do ámbito sanitario, coidadores, persoal de atención sociosanitaria e familiares de persoas ostomizadas. A participación é de balde, se ben é necesario inscribirse previamente chamando ao 646 381 096.

Fotografía Maite Martinez Prieto

A xornada abordará cuestións clave para mellorar a calidade de vida das persoas con ostomías e problemas de continencia urinaria. Ao finalizar a sesión, abrirase unha quenda de preguntas para aclarar dúbidas e as persoas asistentes poderán desfrutar dun aperitivo.

Desde a Concellaría de Benestar Social de Fene anímase á participación nesta actividade, que supón unha excelente oportunidade de formación para todas aquelas persoas que teñan contacto directo con pacientes ostomizados ou con necesidades de continencia urinaria. O presidente da Asociación de Técnicos de Farmacia de Ferrolterra, Antonio Ávila del Moral, destacou que "esta xornada é a primeira dunha serie de actividades que queremos impulsar desde Fene para mellorar a formación e a atención ás persoas con necesidades sanitarias específicas. O noso obxectivo é achegar información práctica e útil tanto a profesionais como a familiares e coidadores".

 

 

Imaxe San Valentín (Fene)

Fotografía Maite Martinez Prieto

Sociedade

Publica o teu comentario agora