ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Os meus libros falan da indagación das sombras, da búsqueda do inaprensible” afirma o escritor Ramón Loureiro, quen agradece o aprecio que xeneraron as súas obras. Manifesta que non fixo ningunha renuncia á hora de escribir. “Non baixei o listón para ter un lector máis” conclue. Presentará o venres da vindeira semana, o día 27, os seus “Diarios” no Círculo de Fene.
Uns diarios que non debemos entender ao modo tradicional. Loureiro defíneos como unha mirada sobre este tempo de ferro que nos tocou vivir, un tempo difícil onde sempre é inverno, afirma o escritor de Sillobre. O experto en mitoloxia celta Ramón Sainero , traductor do gaélico irlandés vai estar no acto de Fene por cadrar que pasa uns días na sua casa de Ortigueira. Tamén a poeta Luz Pozo Garza entroutras persoalidades do mundo da cultura.
Ramón está especialmente contento de que a literatura tamén sirva para que a xente visite a terra na que habitamos, facendo alusión a que os Diarios se presentan dentro da Mostra Turística “Ven a Fene!”
Sillobre ou “Escandoi” como a denomina na súa obra, son territorio de fronteira onde cada recuncho, cada lugar é un mundo que ten que ver cos usos que tivo, afirma o escritor. “En Fene, vas camiñando e ves un enorme estaleiro e pouco máis arriba ves o lobo”.
Confesou Ramón Loureiro que a partir dagora non vai escribir coa intensidade de antes e que escribirá sen o afán de publicar. Maniféstase medianamente contento co publicado ata agora. A pesar de non baixar nunca o listón, a súa maior fachenda é que Marina, unha veciña que supera os 90 anos, le todos os seus libros. “Iso para mín é o millor” afirma Loureiro.