A indefensión aprendida

A indefensión aprendida
17 de Febreiro, 2021 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

A nosa percepción das cousas, a nosa conducta, os nosos valores, poden distorsionar a realidade. Podemos chegar á conclusión de que existe unha única realidade.

ESCOITA O PODCAST:

A indefensión aprendida é unha sorte de situación á que chegamos despois de interpretar a realidade tal e como a percibimos, cando temos a idea de que existe unha única realidade, a nosa. O psicólogo José Barcia pon o exemplo recente das manifestacións diante dos medios de comunicación do adestrador do Getafe, José Bordalás, quen di que hai unha falta de respecto contra el por parte de todo o mundo; club, xogadores, árbitros… Descoñecendo todos os pormenores que poden influír nesa conclusión, pode servir de exemplo para explicar o que é a “indefensión aprendida”. El chega á conclusión de que está indefenso que, faga o que faga, non vai cambiar esa percepción. “El sae aos medios queixándose do que cre que está padecendo” afirma Barcia.

Detrás diso pode haber falta de autoestima, unha gran carga de estrés ou unha manobra para sacar beneficio diante dunha situación, cando os resultados non son os esperados. A indefensión aprendida está moi presente por exemplo no ensino. “Cando un alumno di que para que vai estudar se, faga o que faga, lle vai saír mal” ou cando percibe que non vale para estudar". Ocorre tamén no eido laboral, cando un empregado interpreta que, faga o que faga, o seu superior vai pensar o mesmo. Quizás esa interpretación sexa froito do estrés. “Se os nosos comportamentos están baseados nunha interpretación desaxustada da realidade, non serán adaptativos”, conclúe o psicólogo. No caso de Bordalás, que sufriu varias expulsións polo seu comportamento, o seu malestar estao padecendo todo o equipo. “Cando estamos cargados de emocións, non é o mellor momento para tomar decisións na nosa vida”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora