Industria dotará ao Polígono de Xermade de rede Wimax

Industria dotará ao Polígono de Xermade de rede Wimax

06 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Polígono Industrial de Concello de Xermade terá a súa rede de comunicación sen fíos de acceso a internet de banda larga, tal e como se desprende do anuncio de contratación das Wimax publicadas pola Consellería de Innovación e Industria no

O departamento autonómico, a través da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, levará a cabo esta infraestrutura na localidade chairega e en Foz, cun orzamento conxunto de 407.804,89 euros e que ofrecerán cobertura de banda larga de calidade ás empresas situadas nos dous parques.

Deste xeito, Innovación e Industria incorpora ao polígono de Xermade ao seu plan de desenvolvemento de sistemas de telecomunicacións sen fíos para polígonos industriais e parques empresariais. Esta acción xa contemplaba a instalación de redes wimax en 32 polígonos do país que carecían de banda larga ou tiñan un servizo deficiente. Esta iniciativa, que se completará este mesmo ano co obxectivo de conectar o 100% dos polígonos, enmárcase no Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información posto en marcha pola citada Consellería.

Sociedade