ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ábrese hoxe o prazo para participar no primeiro Plan Renove de Fiestras. Trátase dun proxecto posto en marcha pola Consellería de Innovación e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), para subvencionar á rehabilitación da envolvente térmica das edificaci
Mellorar a eficiencia enerxética dos edificios é o obxectivo principal do primeiro Plan Renove de Fiestras. No marco deste proxecto, subvenciónanse as novas ventás ou portas-ventás que separen as estanzas calefactadas do exterior. Segundo asegurou o director do Inega en Radiofusión, Juan José Álvarez Carril, os fogares galegos están a perder a través das fiestras unha cantidade de calefacción “importantísima”. Un correcto illamento térmico, calculou, permite aforrar ata un 30% de enerxía.
As axudas son de 100 euros por metro cadrado de fiestra, non podendo superar o 25% do custo total da obra nin os 6.000 euros por vivenda unifamiliar. Os interesados poden xa solicitar a súa subvención e teñen de prazo ata o 30 de xuño.