ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A concellería de Muller de Ferrol pon en marcha un curso de informática dirixido a mulleres maiores de 45 anos residentes en Galicia e que posúan graduado escolar ou equivalente. Esta acción formativa gratuíta, centrada nas novas tecnoloxías terá unha duración de 100 horas. Ofértanse 15 prazas. As interesadas deberán presentarse ás probas de selección este luns, 28 de setembro.
Neste curso de iniciación á informática terán preferencia as mulleres que sufran violencia de xénero ou exclusión social ou que teñan responsabilidades familiares non compartidas. As probas de selección realizaránse este luns, 28 de setembro ás 11 da mañá, nas instalacións da Academia Postal de Ferrol -rúa Méndez Núñez, 13. Nesta mesma entidade desenvolverase posteriormente a acción formativa que é totalmente de balde.
O obxectivo do curso é dobre en función das futuras alumnas. Dunha banda, promover o uso das novas tecnoloxías en mulleres de idades avanzadas pouco habituadas, coas vantaxes que este recurso trae asociadas no día a día. Doutra, favorecer a formación e o currículum, das mulleres que están buscando traballo.