ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Partido Popular comparte co PSOE a necesidade de dotar ao Concello de Fene cun Centro de Información á Muller. Tamén critica que non lle consultaran o proxecto de Presupostos do Concello de Fene para 2026. Son asuntos dos que falou o voceiro do Grupo popular, Gumersindo Galego, no espazo As Foxas de Radio Fene.

O Partido Popular está de acordo co PSOE na importancia de que se cree un Centro de Información á Muller en Fene. O voceiro popular, Gumersindo Galego, pon en dúbida a eficacia do CIM móbil da Xunta, pois considera que un servizo destas características require privacidade que non pode dar unha unidade móbil.
Presupostos
“Somos o segundo partido máis votado e a nosa opinión debía terse en conta e non darlle un trágala”, opina o voceiro do PP. “A nós non nos chamaron, pero alguén tiveron que chamar, para saír adiante é evidente que falaron con alguén, imaxino que están pechados co PSOE o cal me parece feo”, manifestou Gumersindo Galego que anunciou unha emenda do seu grupo sobre a carreira profesional e a actualización da Relación de Postos de Traballo. “O PP vai levar esa iniciativa para que se dote esa partida que está comprometida cos sindicatos”.
Publica o teu comentario agora