ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Apoiar ás familias, que teñan información é o que se busca no programa Acompañar no Reto de Educar. A pedagoga municipal María Xosé Paz deunos detallas da nova sesión prevista para o luns, día 15, na Casa da Cultura de Fene.
Pautas de actuación ás familias para aprender a manexar situacións de risco dos menores. Riscos como adiccións, intoxicacións, autólises, son moitos os problemas aos que pode verse sometida a rapazada. En primeira persoa ou tamén no caso de que algún menor do seu entorno teña ese tipo de problemas, como apuntaba a pedagoga municipal María Xosé Paz Rodríguez. “Se as persoas que se relacionan cos meus fillos ten algún problema vaille influír, ben porque quere arrastralo ou ben porque queira axudarlle, son situacións de risco en calquera caso”.
Moitas familias teñen problemas importantes derivados da adición ás tecnoloxías dos seus fillos. Son cada vez máis frecuentes e hai que poñerlle freo. O primeiro paso é ter información, lembra María Xosé. Para iso se ofrece ás familias de Fene, Neda de Mugardos a posibilidade de asistir á sesión prevista para o luns, de seis a oito da tarde, na Casa da Cultura de Fene.
Comentarios
Hola! Te escribo desde el
Publica o teu comentario agora