ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
En Cabanas, o BNG explicará á veciñanza como lles vai afectar a instalación do hidroduto H2POLE que comunicará Mugardos e As Pontes e como poden defender os seus intereses. Tomaron a iniciativa de informar do proxecto á veciñanza porque son moitas as persoas afectadas e visto que o Concello de Cabanas non o facía, di o voceiro de Industria do Bloque no Parlamento galego e veciño de Cabanas, Xosé Manuel Golpe.

O hidroduto unirá a futura planta H2POLE nas Pontes, que vai producir hidróxeno verde, ata o complexo de Mugardos que fabricará metanol verde para abastecer barcos. Son cento e pico os propietarios de Cabanas afectados polo trazado desta infraestrutura. O prazo de exposición pública está a punto de rematar e o BNG organizou unha sesión informativa para asesorar á veciñanza na defensa dos seus intereses o BNG. A cita é as oito e media no local social de Lavandeira.
Día da marmota
Censurou que o Concello non dera información do proxecto aos propietarios afectados. Asegura Xosé Manuel Golpe que “en Cabanas estamos vivindo unha especie de día da marmota, nada sucede, so están rendibilizando o que quedou feito e pouco máis”. Anunciou que “á volta de verán lanzaremos o primeiro tramo da candidatura” do BNG para as eleccións municipais.
Publica o teu comentario agora