Información fronte a publicidade

Información fronte a publicidade
16 de Maio, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Boa acollida do alumnado á iniciativa dos Servizos Sociais de Fene que, en colaboración cos do Concello de Neda, imparte charlas nos centros educativos sobre a prohibición do consumo de bebidas enerxéticas e do vapeo polos menores de idade. Un tema do que falamos esta semana en Radio Fene no espazo dos Servizos Sociais.

ESCOITA O PODCAST:

Uns douscentos escolares de 5º e 6 de Primaria asistirán ata final de curso ás charlas informativas que desenvolve a Concellería de Benestar de Fene. Nesta iniciativa traballan a pedagoga municipal, María Xosé Paz, e a educadora social, Cristina Fernández. A primeira das charlas tivo lugar no colexio público de Maciñeira, en Neda. Moitos dos alumnos e alumnas descoñecían os riscos e a prohibición das bebidas enerxéticas, dos que teñen información sobre todo pola publicidade. Tamén os animaron a consultar sempre as etiquetas dos produtos que consumen porque moitas veces descoñecemos os altos niveis de azucre e sal que levan. Logo da actividade fixeron unha avaliación ao alumnado asistente que deu resultados positivos, segundo confirmaron as profesionais dos Servizos Sociais do Concello de Fene.  

Institucional

Publica o teu comentario agora