ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Sensibilizar tamén ás familias. Desde a Concellería de Benestar Social de Fene levan semanas ofrecendo información a menores sobre o risco do consumo de bebidas enerxéticas ou cigarros electrónicos e agora amplían o radio de acción informando tamén ás familias. Unha iniciativa que anunciou en Radio Fene, no espazo dos Servizos Sociais, a pedagoga municipal María Xosé Paz.

“Moitas veces hai unha percepción social demasiado permisiva e para modificala damos información veraz da lei que trata de protexer a saúde dos menores e previr condutas aditivas”. Así explicou María Xosé o obxectivo desta programación. Como complemento ás sesións nos centros escolares de Fene e Neda, que ofrecen a pedagoga municipal e a educadora social Cristina Fernández, os Servizos Sociais de Fene organizan unhas Xornadas de sensibilización para as familias sobre bebidas azucradas, enerxéticas e alcohólicas, tabaco e vapers. Celebraranse o xoves 11 de xuño, pola tarde na Casa da Cultura. O prazo para inscribirse xa está aberto.
Publica o teu comentario agora