Informativo diario de Radio Fene

Informativo diario de Radio Fene

11 de Maio, 2016 - 12:00 h. | Publicada por

Aproximadamente un 40% do alumnado de Sexto de primaria dos centros públicos de Fene realizaron esta mañá as primeiras probas da Reválida. A resposta á convocatoria das Anpas para que os pais non mandasen aos alumnos-as aos centros, foi moi diferente entre uns e outros. A incertidume que se vivía antes das 9 da mañá nos centros escolares de primaria, hora de empezo da Reválida para os cursos de 6º, quedou despexada co empezo das probas.

As Anpas tiñan convocado aos pais a non enviar aos fillos e fillas a clase para amosar a súa oposición á Lomce e, en particular, ás reválidas.

Sociedade