ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, comprométese a reclamar o estudo informativo da Rolda Oeste de Fene. Defenderá en Madrid as demandas que lle presentou a alcaldesa, Sandra Permuy, para mellorar o tráfico e a seguridade viaria no concello, segundo explicaron en Radio Fene.

Néstor Rego xestionará en Madrid melloras para as comunicacións en Fene atendendo ás propostas que lle trasladou a alcaldesa, Sandra Permuy, nunha reunión celebrada esta mañá con motivo da visita institucional que fixo ao Concello o deputado do Bloque. A alcaldesa destacou a importancia da Rolda Oeste para mellorar o tráfico, favorecer a actividade industrial e humanizar a avenida Naturais de Fene coa creación dun bulevar. Trátase dunha infraestrutura estratéxica que figura tanto no PXOM de Fene como no Plan de Estradas de Galiza. O proxecto prevé unha vía de conexión entre o Polígono Industrial de Vilar do Colo, no Rego da Moa, e a entrada principal do estaleiro de Navantia Fene, permitindo acceder desde a AP-9 e a N-651 directamente até o inicio da Ponte das Pías. A alcaldesa tamén puxo sobre a mesa a necesidade de melloras na seguridade viaria na Porta do Sol.
Néstor Rego explicou, ademais, en Radio Fene as propostas do BNG para un ferrocarril do século XXI que saque á comarca de Ferrol do seu illamento. “É a comarca de Galicia que peor está nas comunicacións ferroviarias”, salientou o deputado nacionalista que pelexa pola modernización das infraestruturas na conexión Ferrol-A Coruña, o aumento das frecuencias e a recuperación da fiabilidade no ancho métrico Ferrol-Ribadeo e a posta en marcha das cercanías ferroviarias. “Incomprensiblemente é o BNG a única forza política que puxo este tema na axenda”, destacou o deputado nacionalista que tamén explicou a emenda introducida polo Bloque na Lei de Mobilidade Sostible para evitar que 23 concellos galegos queden sen paradas no transporte público por estrada.
Publica o teu comentario agora