ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un acto sobre as vítimas do franquismo desenvolverase este xoves en Cabanas. Trátase do inicio dunha investigación sobre as persoas que padeceron persecución e violencia pola defensa das ideas democráticas nas zonas de Cabanas, Fene e Pontedeume entre 1936 e 1975.
Organiza Son Radiofusión, que chama a todas as persoas que poidan aportar datos sobre a identidade das vítimas a acudir alí e facilitar nomes e todas as informacións que se poidan achegar. Asimesmo realizarase unha homenaxe a Constantino López Marcos e Pedro Rico Rodeiro, que padeceron en 1947 unha “execución extraxudicial” nas fragas do Eume, foron vítimas inocentes da ditadura. Ao acto asistirán familiares de Constantino e de Pedro, estes últimos procedentes de Francia a donde se tiveron que trasladar os seus familiares. Constituirase o grupo Constantino López e Pedro Rico de Son Radiofusión para a investigación sobre a memoria histórica democrática. A lembranza comezará ás 11 da mañá do xoves 9 de setembro no salón de plenos da Casa do Concello de Cabanas.
Publica o teu comentario agora