Iniciarse na natación artística

Iniciarse na natación artística
20 de Xuño, 2022 - 10:47 h. | Publicada por Radio Fene

O Club Sincro Ferrol organiza o décimo campus de natación artística. Desenvolverase os dias 23, 27,28,29 e 30 de xuño en horario de mañá de nove a duas da tarde. Dirixido a rapazada de 4 a 10 anos que saiba nadar sen material auxiliar de flotación. A maiores de practicar posicións, movementos básicos e desprazamentos da natación artística, levaranse a cabo actividades como xogos deportivos, danza, ritmo musical, equilibrio e acrosport adaptado, estilos e natación ou obradoiro de deseño de bañadores.

María Permui, directiva do Clube Sincro Ferrol

Campus do Club Sincro Ferrol a finais deste mes de xuño. Inscricións no clubsincroferrol@gmail.com

Deportes

Publica o teu comentario agora