Inminente licitación da Base de Salvamento Marítimo de Vilar do Colo

Inminente licitación da Base de Salvamento Marítimo de Vilar do Colo

18 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Base estratéxica de Salvamento Marítimo de Vilar do Colo licitaráse no mes de setembro. Comezará así en Fene a construcción dunha das bases máis importantes do territorio español. O proxecto suporá un investimento de 10 millón de euros e creará unha treintena de postos de traballo.

O proxecto de Salvamento Marítimo en Fene, acolleuse polo goberno local como un dos máis importantes investimentos para o Concello. O Ministro de Fomento, José Blanco, declarou onte  que “será no vindeiro Consello de Administración de Sasemar, no mes de setembro, cando se aprobe a licitación da nova Base Estratéxica de Loita contra a contaminación en Fene". Unha base, das maiores de España, para almacenamento de equipos e material.  

 A Base situaráse nunha parcela de 18.000 metros cadrados situada no Polígono Industrial de Vilar do Colo. O Alcalde de Fene , Iván Puentes, destacou a “importancia da inmediatez do comezo da obra, non só polo que a labor da Base vai supoñer, senon tamén pola creación dunha treitena de postos de traballo".

Institucional