Inmunizado para toda a vida

Inmunizado para toda a vida
22 de Xaneiro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Paco del Riego era un gran narrador oral e un gran contador da historia con minúscula. Falaba das cousas sen darlles importancia, sen sacralizalas”. Así se refire Perfecto Conde a Paco del Riego.

ESCOITA O PODCAST:

O xornalista de A Pontenova ven de publicar Conversas con Paco del Riego, un libro no que saen á luz curiosas anécdotas como a da ama de cría. “De pequeno, a súa nai tivo dificultades para alimentalo co leite propio e entón contrataban a unha ama de cría para que lle dera a teta. Cando chegaba a hora de darlle de mamar, ela levábao para a súa habitación, pechaba a porta por dentro e mentres lle daba de mamar abría un armario que tiña unha botella de augardente e a bebía”, desvela Perfecto Conde. “Así quedei eu inmunizado para toda a vida”, conta Del Riego. O humor está tamén moi presente nas confesións que Del Riego lle fai a Conde. “Con el estabas aprendendo sempre cando estabas ao seu lado”, subliña con emoción o autor desta obra en Radiofusión.



Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Perfecto Conde en Radio Fene.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora