ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Arredor de 3.000 millóns de euros públicos recibiu Alcoa nos últimos vinte anos das arcas públicas. Pese ás subvencións, Alcoa non gastou un peso na modernización das plantas da Coruña e Avilés. Deixou que fosen quedando anticuadas. O mércores 31 de outubro comezará o período oficial de negociación do expediente de despido colectivo, que durará un mes.

Os sindicatos anuncian que serán radicais tras manter Alcoa os peches das plantas da Coruña e Avilés. Os sindicalistas convocados polo Goberno marcharon da reunión despois da insistencia da multinacional nos motivos esgrimidos para cerrar as fábricas. A Xunta tamén recoñece que non houbo avances. O persoal da planta da multinacional na Coruña advirte da necesidade de evitar a perda de 369 empregos directos. Tamén denuncian as eivas dun sistema enerxético que lastra unha industria punteira. O presidente de Alcoa no estado español Rubén Bartolomé afirmou que a medida de peche non ten marcha atrás.
Publica o teu comentario agora